Cuarto Mundo

Acción Cuarto Mundo abre diálogo con el Director General de Tráfico para un plan de Cursos para obtención del permiso de conducir en el Rural Gallego

Tendo en conta a estrutura de poboación do rural galego, cun núcleo central e cunha gran cantidade de parroquias, aldeas e lugares, polas que se distribúen os habitantes, faise complexo o feito de atraer a novos poboadores que no seu traballo teñan que moverse polos diferentes espazos poboados.

Para iso, e para facilitar a mobilidade -xa que non existen sistemas de transporte público de conexión intramunicipal- faise necesario que os novos poboadores dispoñan de formas de desprazamento autónomo. Para a cual é unha ferramenta imprescindible dispoñer dun permiso de conducir.

Dada a dificultade da maior parte dos posibles aspirantes a acudir como novos poboadores a acceder a este permiso, tanto por motivos económicos como culturais, expúxoselle ao Director Xeral de Tráfico, Pere Navarro, a proposta de que consideren a realización de cursos adaptados a estes colectivos, e nos que se ofrezan fórmulas asequibles para acceder a un financiamento fácil de afrontar.

A proposta foi ben recibida, co compromiso de estudar o tema e resolver con axilidade.

Outros proxectos que che poden interesar

10

Negociacións coa ONCE para a apertura dun centro de atención telefónica

Acción Cuarto Mundo inicia negociaciones con la ONCE para la apertura de algún Call Center en el Rural Gallego

16

Rehabilitación de vivendas

Non deixes que a casa que construíu a túa familia se deteriore e se derrumbe.

GL